O Concello de Betanzos convoca varias prazas da OEP 2021
O Concello de Betanzos convoca prazas para encargado/a de limpeza e para operario/a de Limpeza Viaria.

-
Operario/a de Limpeza Viaria
BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A COBERTURA EN QUENDA LIBRE E MEDIANTE PERSOAL LABORAL FIXO, 1 PRAZA VACANTE DE OPERARIO DE LIMPEZA VIARIA, INCLUÍDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO CONCELLO DE BETANZOS DE 2021 (OEP 2021)
CARACTERÍSTICAS DA PRAZA
1. Clase de persoal: persoal laboral fixo.
2. Denominación: operario de limpeza viaria.
3. Clasificación: . grupo laboral V do convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Betanzos (BOP nº. 66, do 06.04.2017).
4. Funcións: as correspondentes ao posto ou servizo de adscrición, segundo a relación de postos de traballo (RPT) ou instrumento organizativo equivalente ou similar vixente en cada momento, dentro das legalmente establecidas. · Retribucións: as establecidas para o posto de adscrición.
5. Xornada de traballo: completa.
REQUISITOS DOS ASPIRANTES
1. Idade: Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
2. Nacionalidade: Ser de nacionalidade española ou de nacionalidade dalgún dos demais estados aos que se refire e nas condicións que establece o artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro , do Estatuto básico do empregado público.
3. Capacidade: Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións. As persoas con minusvalías deberán aportar certificación do correspondente organismo, facéndoo constar asemade na instancia, sinalando si precisan adaptacións para realización das probas e especificando tales adaptacións.
4. Habilitación: Non estar separado/a do servizo de ningunha Administración Pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado/a por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas. Os/as aspirantes que non tiveran a nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos/as a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.
5. Titulación: Consonte establece a disposición adicional sexta do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, non se exixe estar en posesión de ningunha das titulacións previstas no sistema educativo.
Todos os requisitos relacionados con anterioridade posuiranse pola persoa aspirante no momento de rematar o prazo de presentación de instancias, debendo de continuar en posesión dos mesmos ata o momento de formalización do contrato
PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS
1. Quen desexe formar parte do proceso selectivo, deberá presentar solicitude no modelo oficial que estará a disposición dos interesados nas dependencias administrativas do Concello de Betanzos e na paxina web do Concello de Betanzos (www.Betanzos.net), dirixidas á Sra. alcaldesa-Presidenta do Concello de Betanzos, ou por medio dos restantes medios admitidos legalmente.
2. As persoas coa condición legal de discapacidade deberán facelo constar na solicitude, indicado se precisan adaptacións para realizar as probas.
3. As persoas aspirantes que teñan a condición legal de discapacitadas, con grao igual ou superior ao 33%, terán que presentar certificación dos órganos competentes que acrediten tal condición, xunto coa acreditación de compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes (capacidade funcional).
4. Para ser admitido ao proceso selectivo os aspirantes manifestarán na súa solicitude de participación, que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na Base 3ª, referidas sempre á data de expiración do prazo de presentación de instancias. A autoridade convocante, por si ou a proposta do Tribunal, deberá dar conta ós órganos competentes das inexactitudes ou falsidades en que puidesen incorrer os aspirantes, para os efectos procedentes.
5. O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado, contados a partir do seguinte ó da publicación das bases no BOE.
6. As instancias presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Betanzos (Praza de Galicia nº1 de Betanzos), ou ben nos lugares e na forma que determina o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR XUNTO COA INSTANCIA
1. Fotocopia do D.N.I.
2. Xustificante de ter ingresado o importe de 11,14 euros en concepto de dereitos de exame, segundo a ordenanza fiscal en vigor. O pagamento poderase facer indistintamente mediante ingreso na conta bancaria de titularidade municipal núm. ES92 2080 3101 0831 1000 0145 (ABANCA, Corporación Bancaria,S.A.) ou aboando o importe nas oficinas municipais, sitas no Edificio Liceo, praza de Galicia, 1, Betanzos. Nos aboamentos deberá figurar o núm. de DNI, o nome e apelidos da persoa ordenante (aspirante), así como a indicación de que se trata do ingreso de dereitos de exame para o acceso a 1 praza de operario de limpeza viaria, do grupo laboral V do convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Betanzos (BOP nº. 66, do 06.04.2017). A falta de pagamento destes dereitos dentro do período de presentación de solicitudes non será emendable e dará lugar á exclusión do proceso selectivo.
3. De ser o caso, copia do documento acreditativo de estar en posesión, ou en condicións de obtelo dentro do prazo de presentación de solicitudes, do nivel de coñecemento de lingua galega (CELGA 1 ou equivalente).
4. Documento que acredite o coñecemento suficiente do castelán, no caso de persoas con nacionalidade distinta da española
PROCESO SELECTIVO
PRIMEIRO EXERCICIO
Consistirá en desenvolver por escrito, no período máximo de corenta minutos, na realización dun exame tipo test de 20 preguntas máis 5 de reserva para posibles anulacións, con catro respostas alternativas, das cales só unha será correcta.
Penalizarase por cada catro respostas erróneas con unha correcta, non puntuando as respostas en branco.
O test versará sobre das materias contidas no temario común e específico.
Puntuación máxima: 10 puntos, sendo eliminadas as persoas aspirantes que non acaden un mínimo de 5 puntos.
SEGUNDO EXERCICIO
Consistirá en realizar por escrito un suposto ou caso práctico relacionada co contido dos temas e coas funcións a desenvolver no posto de traballo.
Realizarase segundo as instrucións facilitadas polo tribunal, podendo ser desenvolvido por escrito ou de forma práctica.
O test versará sobre das materias contidas no temario específico.
O tempo máximo de realización é de sesenta minutos.
Puntuación máxima: 10 puntos, sendo eliminadas as persoas aspirantes que non obteñan unha puntuación mínima de 5 puntos.
Valorarase a destreza, rapidez e eficacia da súa realización polo aspirante.
PROBA DE COÑECEMENTO DE GALEGO
Consonte establece a Lei de emprego público de Galicia nas probas selectivas que se realicen, incluirase un exame de galego, agás para aqueles que acrediten o coñecemento da lingua galega conforme á normativa vixente.
Neste caso o coñecemento da lingua galega, como requisito previo á valoración de méritos do concurso, quedará acreditado coa presentación por parte do/a candidato/a da certificación de estar, cando menos, en posesión do Celga 1 ou equivalente.
No caso de non presentar a documentación acreditativa do coñecemento de galego esixida,os/as candidatos/as non serán excluídos por esta causa.
Neste caso, realizarase no mesmo acto unha proba que acredite o coñecemento da lingua galega facendo constar na acta o resultado de dita proba.
O tribunal, contará co asesoramento da normalizadora lingüística do Concello e cualificará ao aspirante como apto/a ou non apto/a.
No caso de ser cualificado/a como non apto/a, xa non se valorarán os méritos
TEMARIO
1. A Constitución Española: Concepto, características e estrutura. Principios Xerais.
2. O municipio: Concepto, elementos, organización e competencias.
3. O persoal ao servizo da administración local: clases, dereitos e deberes. Réxime disciplinario.
4. Nocións xerais da normativa estatal e autonómica e materia de Igualdade e Violencia de Xénero
5. Ferramentas e útiles. Descrición, características e as súas aplicacións nos distintos oficios; a súa limpeza, mantemento e ordenación destas.
6. Nocións básicas de limpeza viaria, RSU e Selectivas.
7. Nocións básicas de produtos reciclables; métodos de recollida.
8. Nocións básicas do tipo e características do mobiliario urbano.
9. Condicións xerais de seguridade e hixiene no traballo, sinalización, equipos de traballo e protección, precaucións na carga e transporte de materiais, etc...
10. Técnicas e procedementos de limpeza con utilización de maquinaria. A limpeza con máquinas: clasificación, compoñentes e mantemento; Utilización de produtos de limpeza: identificación, propiedades e almacenaxe.
-
Encargado/a de Limpeza
Bases reguladoras da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura en quenda libre e mediante persoal laboral fixo, de 1 praza vacante de encargado de limpeza, incluída na OEP do Concello de Betanzos de 2021
OBXECTO DA CONVOCATORIA
Regulación da convocatoria e do proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre, mediante persoal laboral fixo, de 1 praza de encargado de limpeza, do grupo laboral V do convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Betanzos (BOP nº. 66, do 06.04.2017), que figura como vacante no cadro de persoal laboral fixo do Concello de Betanzos, incluída na oferta de emprego público desta entidade local do ano 2021 (OEP 2021), publicada no BOP núm. 133, do 16.07.2021
Desta convocatoria derivarase tamén, e segundo o previsto na base décima, a creación dunha bolsa de emprego que terá por obxecto habilitar unha listaxe de aspirantes á que se acudirá nos supostos legais procedentes e con suxeición ás modalidades de emprego temporal (funcionariais/laborais) correspondentes, para futuras e xustificadas incorporacións de persoal temporal con equivalente condición profesional á do seleccionado nesta convocatoria e proceso selectivo.
A lista de espera resultante deste proceso selectivo permanecerá en vigor ata a aprobación dunha nova lista de espera que proveña dunha convocatoria posterior e anulará a lista derivada deste proceso.
CARACTERÍSTICAS DA PRAZA
1. Clase de persoal: persoal laboral fixo.
2. Denominación: encargado de limpeza.
3. Clasificación: grupo laboral V do convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Betanzos (BOP nº. 66, do 06.04.2017).
4. Funcións: as correspondentes ao posto ou servizo de adscrición, segundo a relación de postos de traballo (RPT) ou instrumento organizativo equivalente ou similar vixente en cada momento, dentro das legalmente establecidas.
5. Retribucións: as establecidas para o posto de adscrición.
6. Xornada de traballo: completa
REQUISITOS DOS ASPIRANTES
1. Idade: Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
2. Nacionalidade: Ser de nacionalidade española ou de nacionalidade dalgún dos demais estados aos que se refire e nas condicións que establece o artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro , do Estatuto básico do empregado público.
3. Capacidade: Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
a. As persoas con minusvalías deberán aportar certificación do correspondente organismo, facéndoo constar asemade na instancia, sinalando si precisan adaptacións para realización das probas e especificando tales adaptacións.
4. Habilitación: Non estar separado/a do servizo de ningunha Administración Pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado/a por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas. Os/as aspirantes que non tiveran a nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos/as a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.
5. Titulación: Estar en posesión do permiso de conducir tipo B; consonte establece a disposición adicional sexta do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, non se exixe estar en posesión de ningunha das titulacións previstas no sistema educativo.
Todos os requisitos relacionados con anterioridade posuiranse pola persoa aspirante no momento de rematar o prazo de presentación de instancias, debendo de continuar en posesión dos mesmos ata o momento de formalización do contrato.
INSTANCIAS
1. Quen desexe formar parte do proceso selectivo, deberá presentar solicitude no modelo oficial que estará a disposición dos interesados nas dependencias administrativas do Concello de Betanzos e na paxina web do Concello de Betanzos (www.Betanzos.net), dirixidas á Sra. alcaldesa-Presidenta do Concello de Betanzos, ou por medio dos restantes medios admitidos legalmente
2. As persoas coa condición legal de discapacidade deberán facelo constar na solicitude, indicado se precisan adaptacións para realizar as probas.
3. As persoas aspirantes que teñan a condición legal de discapacitadas, con grao igual ou superior ao 33%, terán que presentar certificación dos órganos competentes que acrediten tal condición, xunto coa acreditación de compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes (capacidadade funcional)
4. O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado, contados a partir do seguinte ó da publicación das bases no BOE.
5. As instancias presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Betanzos (Praza de Galicia nº1 de Betanzos), ou ben nos lugares e na forma que determina o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA INSTANCIA
1. Fotocopia do DNI
2. Xustificante de ter ingresado o importe de 11,14 euros en concepto de dereitos de exame, segundo a ordenanza fiscal en vigor. O pagamento poderase facer indistintamente mediante ingreso na conta bancaria de titularidade municipal núm. ES92 2080 3101 0831 1000 0145 (ABANCA, Corporación Bancaria,S.A.) ou aboando o importe nas oficinas municipais, sitas no Edificio Liceo, praza de Galicia, 1, Betanzos. Nos aboamentos deberá figurar o núm. de DNI, o nome e apelidos da persoa ordenante (aspirante), así como a indicación de que se trata do ingreso de dereitos de exame para o acceso a 1 praza de encargado de limpeza, do grupo laboral V do convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Betanzos (BOP nº. 66, do 06.04.2017). A falta de pagamento destes dereitos dentro do período de presentación de solicitudes non será emendable e dará lugar á exclusión do proceso selectivo
3. Titulación: Estar en posesión do permiso de conducir tipo B.
4. De ser o caso, copia do documento acreditativo de estar en posesión, ou en condicións de obtelo dentro do prazo de presentación de solicitudes, do nivel de coñecemento de lingua galega (CELGA 1 ou equivalente)
5. Documento que acredite o coñecemento suficiente do castelán, no caso de persoas con nacionalidade distinta da española.
6. A presentación da solicitude supón a aceptación e acatamento de todas e cada unha das bases desta convocatoria, así como o consentimento do/a solicitante para o tratamento dos seus datos persoais coa finalidade de levar a cabo a selección, incluída a listaxe de reserva.
a. Así mesmo, os/as solicitantes prestan o seu consentimento para que os seus datos persoais sexan comunicados mediante a súa exposición no taboleiro de anuncios electrónico (https://sede .betanzos .gal) e, de ser o caso, na páxina web do concello para todo o relacionado con este proceso selectivo.
7. Os erros materiais ou de feito e os aritméticos que se puidesen advertir, poderanse rectificar en calquera momento, de oficio ou petición do interesado.
OPOSICIÓN
O proceso selectivo consistirá nunha fase de oposición.
A oposición constará de dous exercicios de realización obrigatoria e carácter eliminatorio para todas as persoas aspirantes, sen prexuízo da proba específica de coñecemento de lingua galega, que só será obrigatoria para as persoas aspirantes que non teñan acreditado estar en posesión do nivel de coñecemento de galego requirido na base Quinta (CELGA 1 ou equivalente), e na que as persoas aspirantes serán cualificadas como apto/apta ou non apto/non apta.
As persoas aspirantes que non acrediten posuír o nivel de coñecemento de galego requirido ou que. alternativamente, non teñan sido declaradas aptas na proba específica de lingua galega, serán eliminadas do proceso selectivo.
As persoas aspirantes que non superen o primeiro exercicio da fase de oposición non poderán realizar o segundo exercicio, e quedarán eliminadas do proceso selectivo.
Para poder superar o proceso selectivo e, polo tanto, optar á cobertura da praza vacante convocada, as persoas aspirantes deberán ter superado os dous exercicios da fase de oposición e acreditar o coñecemento do galego nos termos anteriormente indicados.
En todo caso, non poderán declararse aprobadas ou seleccionadas ou ser declaradas aprobadas un número de persoas aspirantes que excedan do total de prazas convocadas, sen prexuízo da constitución da lista de espera regulada nestas bases.
Dende a total conclusión dunha proba ou exercicio ata o comezo do exercicio seguinte deberá transcorrer un prazo mínimo de 24 horas e un máximo de 45 días naturais.
PRIMEIRO EXERCICIO
Consistirá en desenvolver por escrito, no período máximo de 40 minutos, na realización dun exame tipo test de 20 preguntas máis 5 de reserva para posibles anulacións, con catro respostas alternativas, das cales só unha será correcta.
Penalizarase por cada catro respostas erróneas con unha correcta, non puntuando as respostas en branco.
O test versará sobre das materias contidas no temario común e específico.
Puntuación máxima: 10 puntos, sendo eliminadas as persoas aspirantes que non acaden un mínimo de 5 puntos.
SEGUNDO EXERCICIO
Consistirá en realizar por escrito 1 suposto ou caso práctico relacionada co contido dos temas e coas funcións a desenvolver no posto de traballo.
Realizarase segundo as instrucións facilitadas polo tribunal, podendo ser desenvolvido por escrito ou de forma práctica.
O test versará sobre das materias contidas no temario específico.
O tempo máximo de realización é de 60 minutos.
Puntuación máxima: 10 puntos, sendo eliminadas as persoas aspirantes que non obteñan unha puntuación mínima de 5 puntos.
Valorarase a destreza, rapidez e eficacia da súa realización polo aspirante.
PROBA DE COÑECEMENTO DE GALEGO
Consonte establece a Lei de emprego público de Galicia nas probas selectivas que se realicen, incluirase un exame de galego, agás para aqueles que acrediten o coñecemento da lingua galega conforme á normativa vixente.
Neste caso o coñecemento da lingua galega, como requisito previo á valoración de méritos do concurso, quedará acreditado coa presentación por parte do/a candidato/a da certificación de estar, cando menos, en posesión do Celga 1 ou equivalente.
No caso de non presentar a documentación acreditativa do coñecemento de galego esixida,os/as candidatos/as non serán excluídos por esta causa.
Neste caso, realizarase no mesmo acto unha proba que acredite o coñecemento da lingua galega facendo constar na acta o resultado de dita proba.
O tribunal, contará co asesoramento da normalizadora lingüística do Concello e cualificará ao aspirante como apto/a ou non apto/a. No caso de ser cualificado/a como non apto/a, xa non se valorarán os méritos.
TEMARIO
1. A Constitución Española: Concepto, características e estrutura. Principios Xerais.
2. O Estatuto de Autonomía de Galicia: estrutura e competencias. O municipio: Concepto, elementos, organización e competencias.
3. O persoal ao servizo da administración local: clases, dereitos e deberes. Réxime disciplinario.
4. Nocións xerais da normativa estatal e autonómica e materia de Igualdade e Violencia de Xénero.
5. A admisión ou inadmisión de residuos en puntos limpos. Funcionamento do punto limpo. Reciclado de RSU e RS de cartón, vidro e envases. Sistemas de tratamento
6. Medios destinados á limpeza. Tratamentos de limpeza. Útiles e ferramentas: medios necesarios para a limpeza pública. Produtos de limpeza especiais de rúa, manexo e uso. Colectores.
7. Técnicas e procedementos de limpeza con utilización de maquinaria. A limpeza con máquinas: clasificación, compoñentes e mantemento; Utilización de produtos de limpeza: identificación, propiedades e almacenaxe.
8. Sectores e zonas de limpeza. Rueiro e trazado urbano de Betanzos.
9. Organización, medios e traballos que se realizan en Betanzos nos servizos de limpezas especiais para feiras e mercados, Feira Medieval e Festas Patronais, e festivos. Recollidas especiais e limpezas especiais de graffitis e outras. Nocións básicas sobre o funcionamento do servizo de limpeza urxente. Plans especiais de limpeza (nevadas, riadas, barros, etc.).
10. Residuos urbanos: composición e forma de recollelos. Recollida selectiva: tipos de recollida e tipo de materiais