O CONCELLO DE SADA SACA A CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN EN PROPIEDADE POLO SISTEMA DE OPOSICIÓN DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMNISTRATIVO EN QUENDA DE DISCAPACIDADE.PRAZO XA ABERTO DE INSCRICIÓN

22 de agosto de 2022

O CONCELLO DE SADA SACA A CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN EN PROPIEDADE POLO SISTEMA DE OPOSICIÓN DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMNISTRATIVO EN QUENDA DE DISCAPACIDADE.

PRAZO XA ABERTO DE INSCRICIÓN

REQUISITOS

- Estar en posesión do graduado en ensinanza secundaria obrigatoria ou equivalente.

 - Estar en posesión do título de acreditación do nivel de coñecemento de lingua galega CELGA 3 ou outros títulos oficiais equivalentes. No caso de non acreditalo realizarase unha proba .


PROCESO SELECTIVO.

 A oposición constará de tres exercicios, todos eles obrigatorios e eliminatorios:

Primeiro exercicio: Consistirá en contestar por escrito, nun prazo máximo de 90 minutos, un cuestionario de 50 preguntas tipo test, mais 5 preguntas de reserva, con catro respostas alternativas, relacionadas co contido do temario que figura no anexo I destas bases. Cada resposta correcta sumará 0,20, cada resposta incorrecta restará 0,10 puntos e non se contabilizarán as preguntas non contestadas. A puntuación máxima é de 10 puntos

Segundo exercicio: Desenvolverase por escrito durante un período máximo de dúas horas, e consistirá na resolución do suposto ou supostos prácticos que determine o tribunal inmediatamente antes do comezo do exercicio, relacionado coas funcións propias da Subescala e o contido do temario anexo.

 Para o desenvolvemento desta proba os aspirantes poderán facer uso, se así o determinase o tribunal en función do exercicio, dos textos lexislativos dos que acudan provistos, excepto textos comentados, libros de formularios ou formatos dixitais.

Valorarase a formación xeral, a correcta redacción, a capacidade de raciocinio e de análise, e a correcta aplicación dos coñecementos teóricos á resolución de problemas prácticos. A puntuación máxima é de 10 puntos.

Terceiro exercicio: Consistirá nunha proba de coñecementos de informática a nivel de usuario de contorno operativo windows e manexo de ferramentas ofimáticas e utilidades básicas de internet, que se desenvolverá no tempo máximo de 30 minutos na forma que determine o Tribunal. Ademais das habilidades e coñecementos informáticos, valorarase a rapidez de execución, a boa presentación e o axuste ás instrución recibidas. A puntuación máxima é de 10 puntos.


TEMARIO:

TEMA 1.- O municipio de Sada

TEMA 2.- Organización municipal específica do Concello de Sada (I)

 TEMA 3.- Organización municipal específica do Concello de Sada (II).

 TEMA 4.- Outras entidades locais.

 TEMA 5.- O rexistro de entrada e saída de documentos.

TEMA 6. A información e atención ao público. Atención ás persoas con discapacidade.

TEMA 7.- O acto administrativo

TEMA 8- O procedemento administrativo na administración local.

 TEMA 9.- Finalización do procedimento.

TEMA 10.- Procedemento administrativo sancionador.

TEMA 11.- A responsabilidade patrimonial da Administración pública.

 TEMA 12.- Contratación administrativa.

TEMA 13. O persoal ao servizo da Administración Local.

TEMA 14.- Réxime xurídico dos empregados públicos.

TEMA 15.-Facendas Locais.

TEMA 16- Informática básica.

TEMA 17.- Aplicacións de propósito xeral. Procesadores de texto

TEMA 18. Follas de cálculo.

TEMA 19. Correo electrónico: conceptos elementais e funcionamento.

TEMA 20. A Rede Internet: orixe, evolución e estado actual.

TEMA 21.- O acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

TEMA. 22 .Rexistros, comunicacións e notificacións electrónicas.

TEMA 23.- A protección de datos de carácter persoal.

TEMA 24.- Seguridade e hixiene no traballo. A Lei de prevención de riscos laborais.

TEMA 25- Discapacidade. A definición de discapacidade segundo a Organización Mundial da Saúde. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro.


DATA MÁXIMA DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

20 DIAS NATURAIS ( 7 DE SETEMBRO 2022)