O Concello de Salceda de Caselas aproba as bases e a convocatoria para a constitución dunha bolsa de emprego
3 de junio de 2022
O CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS APROBA AS BASES E CONVOCATORIA PARA A CONSTITUCIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE PERSOAS FUNCIONARIAS INTERINAS, ESCALA ADMINISTRACIÓN XERAL, SUBESCALA ADMINISTRATIVA, GRUPO C, SUBGRUPO C1, POSTO ADMINISTRATIVO

REQUISITOS E SOLICITUDES:
Para poder formar parte desta bolsa de emprego será necesario que os interesados conten co título de bacharel ou técnico así como é recomendable que posúan o Celga4.
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP de Pontevedra, é dicir, ate o día 16/06/2022. No caso de que a instancia non se presente directamente no rexistro xeral do concello, o aspirante deberá dirixir por correo electrónico ao enderezo secretaria@salcedadecaselas.gal, unha copia da instancia na que figure a data de presentación no rexistro correspondente con anterioridade ao remate do prazo.
PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 60 minutos
Consistirá na realización dunha proba tipo test de 40 preguntas no día, hora e lugar que se estableza na resolución na que se publique o listado PROVISIONAL
de admitidos e excluidos
EXERCICIO 2.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo que establecerá o tribunal ao inicio da proba en atención á súa natureza
As persoas aspirantes que superaran o primeiro exercicio serán convocados/as no día, hora e lugar que sinale o Tribunal para a realización do segundo exercicio.
Consistirá en desenvolver por escrito as preguntas de carácter práctico plantexadas polo tribunal relacionadas co programa da convocatoria e as funcións propias do posto.
As preguntas poderán ser de desenrolo ou tipo test.
EXERCICIO 3. De caracter eliminatorio cun tempo máximo de 30 minutos para aquelas persoas aspirantes que non acreditaran con antelación a realización da proba estar en posesión do Celga 4 ou equivalente
Consistirá na tradución dun texto seleccionado polo tribunal de castelán a galego.
TEMARIO:
- A Constitución española de 1978
- A organización territorial do Estado na Constitución
- A Administración e o dereito administrativo
- O acto administrativo
- O procedemento administrativo
- O procedemento administrativo común
- Revisión dos actos en vía administrativa
- A administración electrónica e procedemento administrativo
- A potestade sancíonadora
- A responsabilidade patrimonial das Administracións Públicas.
- Os contratos do sector público
- Disposiciõns xerais sobre a contratación do sector público.
- As partes nos contratos do sector público
- Obxecto, orzamento base de licitación, valor estimado, prezo do contrato e a súa revisión
- Adxudicación dos contratos das Administracións públicas
- A administración local
- O sistema electoral local.
- A organización municipal
- Órganos complementarios nos municipios de réxime común
- As competencias municipais
- Réxime de sesións e acordos dos órganos de goberno nos Concellos
- Ordenanzas, regulamentos e bandos. Procedementos de elaboración e aprobación. Ordenanzas fiscais
- O persoal ao servizo da Administración local
- O rexistro de documentos
- O orzamento xeral das entidades locais
- A estrutura orzamentaria.
- A execución do orzamento de gastos e ingresos
- Actividade subvencional das Administracións Públicas
- Os recursos das facendas locais Réxime xurídico. Os tributos locais
- Os recursos das facendas locais
- O imposto sobre bens inmobles O imposto sobre vehiculos de tracción mecánica. O imposto sobre construcións, instalacións e obras. O imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana.
- Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno